Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina


Que pasa cunha película cando hai que parala a poucos días de rodar?
Ás veces morre, ás veces resucita. Neste caso, simplemente, vai nacendo doutra maneira.
Con todo o traballo que leva atrás. Con todo o que trae por diante.
Nesta sección, recollemos unha idea que xurdiu alá polo 2005, e a sinopse de "Setembro" debuxa o xérmolo dunha película aínda non acabada de nacer pero á que xa lle van saíndo fillos.
En equipo técnico e en equipo artístico relaciónanse os nomes dos que lle fixeron a "Setembro" os seus cinco primeiros fillos, as "5 pezas" que xa se estrearon nun cine en febreiro de 2009.
E en diario de produción ofrécese un espazo que irá percorrendo o día a día na presunta realidade dos que traballan nesta ficción, un amplo grupo de xente que cre que a película ha chegar á gran pantalla antes de que as modernas infraestruturas ferroviarias que tanto se agardan funcionen en Galicia.
Pero esta viaxe, en todo caso, continúa.