Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Grafico
inicio » prensa » setembro nos medios » "setembro", 5 pezas antes que unha

prensa

7 de febreiro de 2009

"Setembro", 5 pezas antes que unha

Noticia publicada en Galicia-Hoxe.com

Hai que botar man da imaxinación, iso sempre pero aínda máis en tempos de petos lixeiros de cartos. Nesa liña falaron esta semana en Radio Obradoiro (102.1 FM) Xosé Manuel Bazarra, Sepi, e o actor coruñés Xosé Barato, coñecido por presentar o espazo documental Historias de Galicia (TVG). Sepi é o autor do guión de Setembro, longametraxe que el mesmo intenta dirixir dentro dun camiño ben duro debido a problemas de financiamento, se ben o equipo desa aventura traballa para sacar adiante o filme nos vindeiros meses tomando como estación de destino o mes deste 2009 que lle dá nome a esa aventura. Como prólogo, onte estreouse en Teatro Principal de Santiago un prólogo con cinco pezas curtas, anticipo que pretende ser unha postal promocional do traballo feito e do que aínda está por facerse... Ademais, esa presentación, gobernada por Barato, vai dar pé en breve a unha redifusión por internet, dende www.setembro.web que ten un mapa de metro debuxado sobre a xeografia galega, o cal serve de metáfora para os camiños subterráneos que ten que percorrer ás veces algún vagón do tren audiovisual galego. Ese feito contrasta cunha data da que saen bos datos de audiencia de Televisión de Galicia (TVG), dúas caras da mesma lúa, dúas noites dun mesmo día. Á parte de xestionar ideas, nunha longametraxe convén manexar ben os investimentos, tanto públicos como privados, algo que oxalá logre esta cinta pensada para rodarse integramente na capital galega. A trama "ten como personaxes a xente da Galicia do seculo XXI", di Sepi. Imos ver se os seus autores, xente deste XXI, é quen de gobernar os ventos. Desta quedou claro que facer cine non é tan doado.

detalles

Fuente
Galicia-Hoxe.com
Polas Nubes
prensa presentación setembro
 
 

comentarios

 

Non existen comentarios relacionados

 

introduce o teu comentario

NORMAS:

  • - Non está permitido verter comentarios contrarios ás leis españolas ou inxuriantes.
  • - Reservámonos o dereito a eliminalos comentarios que sexan considerados fóra de tema.
 

  Declaro coñecer a Política de Privacidade e aceptar as normas.