Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Primeira precuela de "Setembro".
O Teatro Principal acollerá hoxe a estrea da curtametraxe 5 pezas , do cineasta sonense José M. Bazarra, Sepi , filme nacido do guión e dos personaxes de Setembro , unha longametraxe promovida polo mesmo director cuxa rodaxe tivo que interromperse por problemas de liquidez. A concelleira de Cultura, Socorro García, presentou onte esta curtametraxe, lembrando o compromiso da súa concellaría cos autores galegos novos.
O director da curtametraxe lembrou a xénese de 5 pezas e o resultado do seu esforzo sen cartos que é esta curta, gravada en alta definición, que se estrea en pantalla grande nunha gala presentada polo actor Xosé Barato. A estrea de 5 pezas , segundo Sepi , ten dúas finalidades, «darlle un impulso ao proxecto de Setembro e aproveitar este espazo de tempo non para descansar, senón para seguir traballando e perfeccionando a película para cando sexa posíble rematala». A curta percorre en cinco olladas a Galicia contemporánea tecendo cinco historias irreverentes ambientadas nun país que se debate entre a tradición e a modernidade. A xornada da estrea estará cargada de sorpresas, comezando pola tarde cun hapenning con petiscos seguido dun pasarrúas até o Principal.
Non existen comentarios relacionados
NORMAS: