Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Grafico
inicio » prensa » setembro nos medios » deseñan un rebumbio cultural para chamar a atención sobre as dificultades do cinema dixital

prensa

6 de febreiro de 2009

Deseñan un rebumbio cultural para chamar a atención sobre as dificultades do cinema dixital

Noticia publicada en GZnación

A curta 5 pezas, do director José Manuel Bazarra ´Sepi´, estréase hoxe no Teatro Principal de Santiago ás 21.30 horas. A peza é “unha precuela sobre unha película que aínda non naceu", como a cualifican os seus creadores.

Esta iniciativa "innovadora" forma parte dun "proxecto global" que pretende, segundo explicou hoxe Bazarra, "que saia adiante todo o que temos montado", en relación á longametraxe ´Setembro´, orixe desta obra.

Neste sentido, os membros do equipo de rodaxe referíronse a situación de "parón" na que se atopa a película desde o mes de outubro, que recibiu unha subvención da Xunta de Galiza, pero que "non puido arrincar porque os bancos están pechando o grifo", aseguraron. Desta forma, ´Setembro´ narrará cinco historias na Galiza actual de xente que vive "entre a tradición e a modernidade", nas que se mostrarán os "contrastes" que conleva o mundo tecnolóxico e globalizado.

"O cine en formato dixital está morrendo", concluíu o director, polo que confiou en que o programa preparado para hoxe, que inclúe un varias actividades na rúa de San Pedro desde as 18.00 horas e un pasarrúas até o teatro con gaitas, comitiva e malabares, teña "éxito" para poder "dar continuidade" á rodaxe da cinta.

Por iso, decidiron "facer unha folga á xaponesa", como indicou un dos integrantes do reparto, José Barato, que hoxe será o encargado de presentar a gala de ´5 pezas´ no salón compostelán. "As pezas serven para profundizar nos personaxes e, sobre todo, para manter vivo o proxecto", resaltou.

Ademais, presentaron a páxina web na que, desde o vindeiro luns, se poderá visualizar a curtametraxe.

Bazarra comentou, ademais, que decidiron gravar "os antecedentes de Setembro" e centrarse nas personaxes "un ano antes da historia". En canto ao orzamento, de 60 euros, cada un puxo "un bote de 10 euros", dixo a modo de chamada de atención.Conforman o reparto, ademais de Barato, Nerea Barros, Comba Campoy, Antía Otero, Xabi Deive, Moncho Bazarr, Carlos Vila, Tonhito de Poi, Mela Casal, Manuel M. Suárez, Silvia Vázquez, Pablo Fontenla e Manuel Lozano.

detalles

Fuente
GZnación
Polas Nubes
prensa presentación setembro
 
 

comentarios

 

Non existen comentarios relacionados

 

introduce o teu comentario

NORMAS:

  • - Non está permitido verter comentarios contrarios ás leis españolas ou inxuriantes.
  • - Reservámonos o dereito a eliminalos comentarios que sexan considerados fóra de tema.
 

  Declaro coñecer a Política de Privacidade e aceptar as normas.