Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Primeira precuela de "Setembro".
Mentres como non penso. Bueno, non traballo. E o certo é que estou farta de vender entradas de cine. Ver caras de porco pasar, unha e outra, e outra. Por que a xente non merca a entrada cando sae de ver a película? Saen todos cunha cariña… Coma se os acabasen de botar ao mundo. Teño visto bebés de corenta anos que cando saen do cine son quen de te sorrir sen te mirar prás tetas. Pero neses momentos sempre aparece algún outro para me chantar o careto e borrarme o sorriso que non podo borrar, merda de traballo cara ao público. Sala 5. Sala 5, señor. Claro que si. E alá van todos en fila coma formigas. Co bonitos que son os cines baleiros! Claro que poucas veces vin un cine baleiro… Sempre había alguén máis na sala. Alguén coma min… Non sei… Bah! Si que está bo este chourizo do tío Xosé. Saíunos ben o porco.
Non existen comentarios relacionados
NORMAS: