Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Grafico
inicio » diario de viaxe » a viaxe » empezarei a comer soliña

diario de viaxe

14 de febreiro de 2009

Empezarei a comer soliña

por Elvira
Foto

Sempre traio aquí os forasteiros, porque é como estar na aldea. Pero os da aldea non aturan este sitio.
Se meu irmán se decidise a vir algún día… aínda que fose de visita. Mira que é pelma. Que lle custaría achegarse á cidade? Había de vir tantas veces como vén o langrán de Paulo. Que, por certo, xa se está a retrasar de máis.

E non dá chegado, a que andará… Sempre me toca esperar. Vai unha brisiña. Miña nai sempre durmía coa porta pechada. Non aturaba que a porta batese co aire. Dicía que entraban as pantasmas.
Esa árbore ten unha póla rota. Vaia temporal. Nunca tanto vin soprar o vento. Na aldea foi terrible. Todos sen luz. Pobriños. E os arcóns cheos de comida.
Coa fame que teño. Este Paulo é incorrixible. Non está mal de todo este pulpiño.
 

detalles

Polas Nubes
cidade clima elvira esperar
 
 

comentarios

 

Non existen comentarios relacionados

 

introduce o teu comentario

NORMAS:

  • - Non está permitido verter comentarios contrarios ás leis españolas ou inxuriantes.
  • - Reservámonos o dereito a eliminalos comentarios que sexan considerados fóra de tema.
 

  Declaro coñecer a Política de Privacidade e aceptar as normas.